Compañía / Normativa

1.- A COMPAÑÍA

1.1.- A COMPAÑÍA.- Coa denominación BREOGAN AIRWAYS, constitúese una entidade virtual, sen ánimo de lucro, cuxo obxecto exclusivo é o fomento, práctica e promoción da actividade da simulación aérea na rede de IVAO e a recreación da mencionada compañía aérea virtual. A Súa imaxe non garda relación algunha con ningunha compañía aérea da vida real, sendo o uso de dita imaxe completamente extraoficial, respectando o establecido na Lei 24/2001, de 27 de Decembro, sobre os Rexistros da Propiedade Mercantil.

1.2.- BREOGAN AIRWAYS resérvase o dereito de admisión dos seus integrantes.

1.3.- Os datos persoais dos usuarios rexistrados en BREOGAN AIRWAYS serán de uso interno, de finalidade comunicativa, segundo o establece a Lei 15/1999 de 13 de Decembro sobre Protección de datos. Garántese a confidencialidade e seguridade dos sistemas de identificación persoal da páxina web.

1.4.-A presente normativa será de obrigado cumprimento por parte de tódolos integrantes de BREOGAN AIRWAYS.

1.5.- O incumprimento da presente normativa, poderá supor la expulsión inmediata da compañía.

2.- ÓRGANOS DE DIRECCIÓN BREOGAN AIRWAYS.

2.1.-DIRECCIÓN CORPORATIVA

2.1.1.- Presidente.- Será o máximo responsable da Compañía e representará á mesma ante os órganos que correspondan.

2.1.2.- Vicepresidente.- Será o apoio natural do Presidente. Suplirá ao Presidente, no suposto da súa falta por calquera circunstancia.

2.2.-DIRECCIÓN EXECUTIVA.

2.2.1.- Director de Operacións.- Será o responsable de tódolos pilotos que compoñen a compañía. Xestionará as Altas e Baixas, cambios de frota se os houbera, así como as habilitacións que lle sexan propostas polo  Director de Frota.

2.2.2.- Director de Recursos e Frota.- Será responsable de tódalas operacións técnicas das aeronaves que compoñen a frota da Compañía, así como das súas planificacións de voo.

2.2.3.- Director de Loxística.- Será o responsable do desenvolvemento de Breogan Airways na web, así coma da actualización e posta a punto de tódalas actividades da compañía no que se refire ao esquema informático.

3.- RANGOS/HABILITACIÓNS (Actualizados a 22 Novembro de 2006)

3.1.- Alumno-piloto.- Terán tal consideración os pilotos de nova incorporación á Compañía que, pola súa iniciación ao voo simulado na rede, carecen dos coñecementos mínimos para operar unha liña VFR/IFR de voo en condicións minimamente esixible. Estarán dentro desta categoría todos aqueles que teñan menos de 25 horas voadas VFR en IVAO. Só poderán voar voos VFR.

3.2.- Primeiro Oficial.- Todos aqueles pilotos que teñan máis de 25 horas voadas en IVAO.

3.3.- Primeiro Oficial 1ª.- Todos aqueles pilotos que teñan máis de 100 horas reportadas á compañía Breogan Airways.

3.4.- Capitán.- Terán tal consideración todos aqueles pilotos que teñan 200 horas ou máis reportadas á compañía Breogan Airways.

3.5.- Capitán 1ª.- Terán tal consideración todos aqueles pilotos que teñan 350 horas ou máis reportadas á compañía Breogan Airways.

3.6.- Comandante.- Terán tal consideración todos aqueles pilotos que teñan máis de 500 horas de voo reportadas á compañía Breogan Airways.

3.7.- Comandante 1ª.- Terán tal consideración todos aqueles pilotos que teñan máis de 1000 horas de voo reportadas á compañía Breogan Airways.

4.- BASE DE OPERACIÓNS

A base de Operacións de BREOGAN AIRWAYS fíxase en Santiago de Compostela-Lavacolla (LEST)

5.- Reporte de voos

Serán voos a reportar:

5.1.- Tódolos voos realizados na rede IVAO.

5.2.- No reporte de voo deberá indicarse necesariamente:

  • Indicativo do piloto.
  • Avión empregado.
  • Aeroporto de saída.
  • Aeroporto de chegada.
  • Aeroporto alternativo.
  • Hora de saída UTC no momento do despegue.
  • Hora de chegada UTC no momento da aterraxe.
  • Consumo de combustible expresado en Kgs.
  • Plan de voo IFR realizado.

5.3.- Tódolos pilotos da compañía teñen a obriga de realizar e reportar ao menos  tres voos ao mes de máis de 30 minutos de duración.

5.4.- O incumprimento de voos e reportes, sen causa xustificada, poderá supoñer para calquera piloto a baixa da Compañía.

6.- ALTAS

6.1.- Poderán incorporarse a BREOGAN AIRWAYS tódolos pilotos que acrediten estar dados de alta na rede IVAO e que non se encontren en suspensión temporal ou definitiva por parte da mesma.

6.2.- Deberán cumprimentar a súa correspondente solicitude de alta na Compañía, que aparece na páxina web de SimuGalicia, debendo cumprimentar todos os seus campos.

6.3.- Recibida a solicitude, o Director de Frota contactará co solicitante para proceder ao training que determinará a asignación do seu rango.

6.4.- O novo membro será dado de alta en BREOGAN AIRWAYS, asignándoselle o seu indicativo da Compañía, así como incluíndoo no Foro de Operacións debendo informarse, por este medio, das noticias e NOTAMS da Compañía.

7.- BAIXAS

7.1- Será causa de baixa na Compañía:

7.1.1.- A petición propia de calquera membro da mesma.

7.1.2.- Non reportar de forma reiterada, sen causa xustificada, o mínimo de voos mensuais establecido.

7.1.3.- Neglixencias intencionadas ou de mala fe con outros pilotos e/ou Centros de Control.

7.1.4.- Comportamentos en termos de insulto, ameazas ou menosprezo cara outros membros da Compañía, outras aerolíneas ou membros en xeral de IVAO (ATC, Pilotos, Staff, etc.).

7.1.5.- A extrapolación de informacións, descargas de programas ou software, exclusivamente para membros da Compañía, cara outras persoas non pertencentes a mesma.

7.1.6.- Calquera feito que sexa considerado como grave por parte da Directiva de BREOGAN AIRWAYS.

7.1.7.- Se por calquera circunstancia, o piloto fose dado de baixa en IVAO, automaticamente causaría baixa en Breogan Airways.

8.- CONDUCTA

O obxectivo principal, é crear un grupo de persoas que desenvolvan unha afición en común, en concreto, a aviación virtual.

Intentaremos que os voos sexan o máis realista posible, para elo buscaremos información aeronáutica e aplicarémola.

Non esiximos un número de voos determinados nun tempo concreto.

Cada piloto pode voar cantas veces queira e incluso repetir o voo se éste é do seu agrado.

Cada piloto deberá reportar, polo menos, tres voos ao mes.

Requírese dos pilotos unha conduta educada e comprensiva cara os controladores e outros pilotos.

BREOGAN AIRWAYS resérvase o dereito de expulsar a calquera piloto se éste comete infraccións graves repetidas ou atenta contra a dignidade da Compañía ou a dos seus membros.

Darase de baixa a un membro cando este, voluntariamente, o requira mediante correo electrónico persoal dirixido ao Director de Frota e tamén nas revisións periódicas efectuadas polo Director de Operacións con todos aqueles membros que estén inactivos durante un largo período de tempo.

O compromiso de utilizar os avións, sen modificación algunha que poida alterar a súa estabilidade, velocidade ou dinámica, en tempo real de simulación Vx1, quedando desautorizada a aceleración do simulador de voo. SI está permitido o cambio de paneis e sons.

O obxectivo principal consiste en manter unha compañía que desenvolva os seus voos ON-LINE. Para iso utilizarase a rede IVAO, de modo que os voos deben ser configurados co indicativo de BREOGAN AIRWAYS para voos na rede: id de Breogan Airways BOGxxx (sen guións ou barras)

Login

Request New Password

Notams Simugalicia